31 de decembro de 2017

POR UN ANO 2018 ESPERANZADOR


Para felicitar o Ano Novo non tiven que pensar moito a imaxe que ía escoller. Hai tres días, desde Vigo, Manoel da Costa Pardo envioume esta foto obtida por el no Paseo da Parranda, nos Pendellos de Agolada, alá a finais dos anos 70. Por fermosa e por inédita quero difundila e compartila. E porque nela se recolle ese espazo que moitos ansiamos ver recuperado como rúa e ámbito da feira. Porque non hai maneira de apearnos da idea de que namentres isto non se vexa restituído, o antigo mercado estará mancado, ferido, desprovisto da súa esencia íntegra.
Agora mesmo hai dous pendellos-comedor con obras de restauración. E alegrámonos moito con iso. Mais, este último pulo debe culminarse co necesario impulso ao Paseo da Parranda, cos seus pendellos-expositores en ámbalas dúas beiras da rúa. Queremos pendellos para usalos, non só para velos. E porque Galicia debe mirar neste recinto o seu pasado das feiras tradicionais conxugado cos novos usos actuais.
O dito, feliz ano, que veña con boas novas para todos. Tamén para os Pendellos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario