17 de xaneiro de 2018

VELPELLÓS (VILARIÑO, Agolada)


    Fotografía tomada nos inicios dos 70 por Manuel Méndez Diéguez
A parroquia aqualatense de Vilariño, ribeireña do Arnego, está formada polas aldeas de A Lagoa, Vilariño, A Eirexe, A Ponte Vilariño e Velpellós. Nesta última aldea distínguese claramente dous barrios que poderiamos denominar de Arriba e de Abaixo. 
Nas imaxes ofrecemos dúas panorámicas, tomadas con 40 anos de distancia (1970-2010), da aldea de arriba.
Velpellós sempre foi unha aldea de poucos veciños, dedicados maiormente a tarefas agropecuarias. A arquitectura da aldea ergueuse no pasado con paramentos de pedra esquistosa, propia do lugar, combinada con perpiaños de cantería nos esquinais e nos recercos dos ocos. 
O topónimo Velpellós é único en toda a Península Ibérica e procede do diminutivo de vulpes, volpis > volpécula (raposo pequeno). Parece, por tanto, aludir a un lugar ou bosque onde abundan os raposos.
Na historia da parroquia destaca a existencia dun cenobio a carón do Arnego, denominado San Sadurniño. Dese cenobio aínda quedan restos arqueolóxicos diseminados pola parroquia.

Ningún comentario:

Publicar un comentario