10 de xaneiro de 2018

XANTAR EN BRÁNTEGA

Chegas a Brántega para asistir a unha daquelas misións relixiosas que dirixían habitualmente os frades. A misión celébrase na carballeira-souto que se sitúa entre a capela da Cruz, o aserradoiro e os pendellos da feira. Asistes aos actos da mañá. Viñeches desde unha parroquia veciña. Outra xente trouxo víveres e xantará de campo na carballeira. Ti sabes que en Brántega hai catro ou cinco tabernas nas que comer. E decides xantar na de Jaime de Fermina, na taberna vella. Na sobremesa reparas en Manuel Galego Iglesias que trae a cámara de fotos. E pídeslle un retrato. E velaquí, cincuenta e cinco anos despois, a túa ollada, traducida en bites, é capaz de traspasar a pantalla do ordenador e de falarme dese ínfimo anaco da mínima historia dunha pequena aldea da Galicia central.

Ningún comentario:

Publicar un comentario