tag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post1970404100712394397..comments2024-01-28T23:52:08.760+01:00Comments on AQUAM LATAM: GRAVADOS RUPESTRES NAS MÁMOAS DE NAMELAS E REGO TURUBELObusto.agoladahttp://www.blogger.com/profile/17846112360321156319noreply@blogger.comBlogger14125tag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-75850761455748224072010-01-22T09:34:17.220+01:002010-01-22T09:34:17.220+01:00O da LENDA xa a coñezo, eu teño unha versión parec...O da LENDA xa a coñezo, eu teño unha versión parecida onde un persoaxe de relevancia social apareceu morto nun pozo e, ao parecer por ese motivo a aldea foi clausurada. No que respecta aos pleitos seguramente foi debido a demarcacións de lindes erróneos ou a apropiación indebida de terreos públicos ou privados en épocas modernas (despois das distintas desamortizacións eclesiásticas), xa que a demarcación orixinaria (división de xurisdiccións) foi moi anterior, por iso houbo pleitos.
Un saúdo (non quería ofender)TERRAS DE CAMBA E VENTOSAhttps://www.blogger.com/profile/10627683152575036086noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-32451000538986358792010-01-21T16:15:24.122+01:002010-01-21T16:15:24.122+01:00Terras de Camba, non se trata de ser rigurosos ou ...Terras de Camba, non se trata de ser rigurosos ou non, no relato do Turubelo xa deixo ben claro qeu se trata dunha LENDA, e coma todas as lendas non se pode someter a parámetros históricos ou racionais. E un producto popular e punto,e polo que se ve outro comentario aportou outra ben parecida pero a mesmo tempo con detalles distintos. O que si é real e o pleito do que falo, pódeslle preguntar a Ismael de Vilar que ten documentación que o demostra, entre outros.Eu vina, lina e podo dar fe de que existe.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-41628520687699452792010-01-21T10:01:58.097+01:002010-01-21T10:01:58.097+01:00Vexamos, a ver se somos un pouco RIGUROSOS. No der...Vexamos, a ver se somos un pouco RIGUROSOS. No derradeiro volume do Descubrindo: Seminario de Estudos do Deza, 2009, hai un artigo que fala dos Rodeiro, e nos apéndices dese artigo faise referencia á xurisdicción de Camba e Rodeiro (s. XVIII)ANO 1789.
segundo di:

RELACIÓN DE LUGARES QUE PAGABAN RENDA O ARZOBISPADO DE SANTIAGO NO MAYORAZGO E XURISICCIÓN DE CAMBA E RODEIRO. Memorial de lugares y vienes de que se componen sitos en la Jurisdicción de Camba y Rodeiro que es de su señoría ilma el arzobispo de santiago y a quien pertenencen como de su dominio directo dichos lugares
Lugar de SAN XOAN DO TURUBELO (cuatro casas viejas) limita con la jurisidiccion de Ventosa y el coto de Gurgueiro.

Isto significa que a xurisdiccións de Ventosa (o coto de Gurgueiro pertencía á xurisdicción de Ventosa) e Camba e Rodeiro, NON FOI cousa de fai 100 anos; vaiche boa que estaban demarcadas!!!, xa dende a demarcación da Terra de Deza, Camba, Ventosa, ... (s. IX -X), outra cousa distinta é que algunha persoa tivera unha finca nas terras de Camba ou de Ventosa e gañara un pleito.

Noutra orde de cousas con respecto á que é un enclave simbólico e máxico toda esta zona, pois estou de acordo. Non sei algo ten, probade a ir na primaveira.

Hai un anónimo que fixo un comentario sobre os Chaos, preto dese sitio hai gravados rupestres,mámoas e tamén onde estivo a antiga ermida de Ventosa. Tamén é un lugar máxico.

Despois, dende o punto de vista histórico, o que si sabemos é que de Axiaz era Juan Vázquez de Axiaz (s. XVI - XVII), que foi procurador das terras de Ventosa e que a súa vez tivo en foro varias propiedades en Ventosa en Axiaz e en Cartimil (a actual casa de Casanova), e onde os seus descendentes probablemente ou el mesmo construíran a torre de Axiaz e fundaran o maiorazgo da casa de Casanova (que por aquel tempo denominábase casa principal de Cartimil), entre outros.

Con respecto aos gravados rupestres, debo sinalar a importancia dos mesmos, xa que é un dos únicos puntos da Galicia interior (ata o de agora) onde aparacen armas e escudos a maiores dos típicos círculos concéntricos, cazoletas, ... (véxase tamén no Seminario de Estudos do Deza, 2006: o artigo Gravados Rupestres en Agolada, Ventosa e Gurgueiro.
Un saúdoTERRAS DE CAMBA E VENTOSAhttps://www.blogger.com/profile/10627683152575036086noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-76810255063053008462009-12-29T00:02:19.021+01:002009-12-29T00:02:19.021+01:00Isto, polo que se ve, é unha páxina de anónimos, a...Isto, polo que se ve, é unha páxina de anónimos, aspecto polo de agora suficiente.
Respecto da lenda relacionada co asentamento medieval de San Xoan de Turubelo debemos ter en conta que a súa importancia é máis ben relativa, pero a súa existencia nunha zona de gran abundancia de restos prehistóricos non pasa desapercibida á hora de deixar pegadas destructivas na Arte Rupestre: petroglifos das lousas das antas (esqueleto das mámoas) ou nos penedos ao aire libre.
Eu teño a seguinte versión da lenda:
Hai moitos anos existía nese lugar unha aldea chamada San Xoan de Turubelo (topónimo moi curioso). Un día chegou alí un estudioso preguntando por cousas vellas e os da aldea, moi celosos das súas cousas, matárono e enterrárono na propia aldea. Chegado isto aos oídos do governo decidiu actuar e mandou un destacamento para que esclarecera os feitos, pero terminaron por matar a tódolos veciños da aldea que, desde aquel holocauto, quedou deshabitada.
A lenda non é máis ca unha lenda graciosa (non neste caso) que serve para explicar un suceso de orixe descoñecido e que é común a moitas aldeas desta zona (coñezo o caso de máis de dez aldeas moi antigas abandonadas nesta comarca)
Un saudo a todo/as os que aportades ideas a este blog.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-26485191345156373202009-12-27T02:09:40.053+01:002009-12-27T02:09:40.053+01:00A lenda da aldea do Turubelo e ben coñecida na Tor...A lenda da aldea do Turubelo e ben coñecida na Torre e na Axiaz: houbo unha morte dun viaxeiro,que resultou ser unha persoa de familia acaudalada e influinte, cuxo corpo tiraron a un pozo ( por alí pasaba o camiño real entre Ourense e A Coruña ) e a xustiza encarecelou a todos os homes e arrasaron a aldea. Quedaron duas irmáns, as que castigaron co desterro, e en cumprimento do anterior unha fundou a Torre e otra a Axiaz. Houbo preitos territoriais ata fai uns 80 anos ( o monte da Torre chegaba ata o Coto Cornellal ) e foi o Adolfo de Tilano quen gañou o último preito, quedando as lindes no regato do Turubelo ( hai unha chousa na que medio enterrados existen pedras de perpiaños e algunha ucheira, e precisamente a antiga ponte do Turubelo non era tal senón unha pontella construída a posta para permitir so o paso de persoas evitando a dos carros) .Tamén e ben coñecida a lenda do " Castellano " que construiu no 1715 a casa fidalga da Axiaz, e un xenro, avogado, outra casa nas inmediacións que aínda conserva unha fermosa chimenea. Por certo, o lugar onde se atopa a mámoa con gravados non está nas Namelas, senón na Lobagueira. Así mesmo nas Casarellas hai evidencias de que alí existiu un castro ( de feito e o lugar que mellores vistas ten, o nome xa fai alusión clara o que alí pudo haber, é un enclave insuperable para os "fachos ", e está rodeado de mámoas por todas partes, e curiosamente está aliñado co Coto da Áspora, ca costa do Faro, cos Chaos en Ventosa e co Farelo, en fin, un lugar o mesmo tempo máxico e agochado ). Outra curiosidade e a distribución das mámoas que hai na zona: se alguén proba a situalas nun mapa e cun pouco de atención pódense descubrir cousas sorprendentes...Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-82624869603021727972009-12-26T14:31:41.559+01:002009-12-26T14:31:41.559+01:00Moitas grazas por tantas aportacións e información...Moitas grazas por tantas aportacións e información diversa que se vai tecendo encol deste lugar de tan alto interese arqueolóxico.
Saúdos agradecidos.
Manuel Bustobusto.agoladahttps://www.blogger.com/profile/17846112360321156319noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-37000856211297416882009-12-24T16:11:01.644+01:002009-12-24T16:11:01.644+01:00Son o anónimo anterior:
Tamén estaría ben poñerse ...Son o anónimo anterior:
Tamén estaría ben poñerse en contacto co profesor Fábregas, catedrático de Prehistoria na Univ. de Santiago, e facerlle chegar esa información (a información do veciño emigrado de Axiz)para que teña en conta o que se di ao respecto.
Persoalmente teño que decir que os petroglifos que se atopan por esa zona sofriron importantes agresións ao longo da historia, chegaron a marcarse petroglifos novos adulterando os que se fixeran durante a Idade dos Metais e bastante cerca deses puntos existen restos dunha aldea, seguramente de época medieval,abandonada moi cerca do río Turubelo (sábeno ben os veciños de Torre).
Espero que esto que acaba de poñer ao descuberto o infatigable Busto non se perda, porque nos está dando un exemplo fenomenal do que se pode facer con medios escasos.
Un saudoAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-20604991313116540372009-12-24T16:00:58.294+01:002009-12-24T16:00:58.294+01:00Anónimo do 22 de decembro:
Eu son outro anónimo pe...Anónimo do 22 de decembro:
Eu son outro anónimo pero aportas uns datos interesantes e estaría ben que lle situases ao autor deste Blog o sitio exacto da ubicación desa mámoa (por exemplo na foto de Sigpac. A razón diso é que mencionas que tiña unha porta e unha entrada subterránea o que supón que era unha mámoa con estructura dolménica e nas lousas de gran parte das mámoas desta zona hai gravados rupestres. Pode ser que as lousas da mámoa aínda se conserven por ali ou haxa persoas que saiban onde se localizan. Era conveniente observalas aínda que esten cerrando unha finca hoxe en día.
Se lle trasmites esta información a Busto podemos facer algo más ca sacarlle fotos ao sitio onde estaba a mámoa.
Grazas e un saudo.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-30299480540695762872009-12-22T00:18:04.157+01:002009-12-22T00:18:04.157+01:00Moi interesante a reportaxe. Habería que investiga...Moi interesante a reportaxe. Habería que investigar como se fixo desaparecer a mámoa mais fermosa qeu había nese monte ( queda un burato xusto a dereita da pista dirección Pedroso, no coto Cornellal, pódese ver ) hai uns trinta anos, cando uns desaprensivos que todos coñecen cunha excavadora extragaron a mámoa que tiña unha porta e unha entrada subterránea... Disque buscaban ouro... Non estaría mal quitarlle unha foto, aínda que fora para recordar a masacre para que non se repita.Anonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-27210010713773449522009-12-11T00:07:53.180+01:002009-12-11T00:07:53.180+01:00Está claro que a parroquia de Axiaz ten un patrimo...Está claro que a parroquia de Axiaz ten un patrimonio arqueolóxico envidiable. Oirá falar das mámoas das Namelas pero non coñecía o estudo de Ramón nin vira fotos dos gravados, que por certo son espectaculares.

Terei que voltar o monte de Axiaz.A Ulloa en fotoshttps://www.blogger.com/profile/16058383806359643032noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-36935626752870654122009-12-09T19:58:04.207+01:002009-12-09T19:58:04.207+01:00Como ben di Paideleo, estas son poderosas razóns p...Como ben di Paideleo, estas son poderosas razóns para continuar na labor tan magnífica que estás a desenvolver, Manolo.
E da gusto ver tamén as lembranzas que as nosas xentes, aínda que probablemente lonxe da terra, seguen a ter.

Unha apertaChousa da Alcandrahttps://www.blogger.com/profile/10545664598975625293noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-76364744959117131562009-12-09T01:00:14.875+01:002009-12-09T01:00:14.875+01:00Manolo, las emotivas palabras de las cartas que re...Manolo, las emotivas palabras de las cartas que relatas, me hicieron llorar de alegria, saber que personas así siguen manteniendo el recuerdo de su infancia en a Xiaz es un orgullo para los que vivimos fuera de esas tierras y que tambien tenemos recuerdos.
¡¡¡sigue!!! haces un buen trabajo que el tiempo te premiará.
FidelAnonymousnoreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-14821401125477715382009-12-09T00:13:38.092+01:002009-12-09T00:13:38.092+01:00Correos así dan azos para seguir co esta aventura ...Correos así dan azos para seguir co esta aventura tola dos blogos, verdade ?.
Fermosas fotos e fermosas imaxes.O regato Turubelo faime lembrar os tirizós porque turubelo é como lles chaman polas terras luguesas de miña nai.paideleohttps://www.blogger.com/profile/12289468855052026180noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-28358662969109093782009-12-08T21:44:03.417+01:002009-12-08T21:44:03.417+01:00Entusiasta como fun da arqueoloxía e das antas e p...Entusiasta como fun da arqueoloxía e das antas e petroglifos (cheguei a participar nas escavacións de Dombate) terei que achegarve á vosa terra para coñecer esas marabillas. Saúdos.Antonio Martínezhttps://www.blogger.com/profile/07244341015135544636noreply@blogger.com