tag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post4937462453305569058..comments2024-01-28T23:52:08.760+01:00Comments on AQUAM LATAM: FACHADAS DE PEDRA VISTA OU REVESTIDAS?busto.agoladahttp://www.blogger.com/profile/17846112360321156319noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-4114320905677130131.post-84079633673775835672021-04-11T20:40:21.058+01:002021-04-11T20:40:21.058+01:00Manuel, interesante artigo e moi ben traídos os ex...Manuel, interesante artigo e moi ben traídos os exemplos que mostras, ese afán de ennobrecer determinadas construcións deixando a pedra vista, incluso naqueles casos en que se trata de pedra tipo cachotería, coido que foi unha moda que a día de hoxe está sendo superada. Caeron nela moitos arquitectos e aparelladores, pero sobre todo particulares que erroneamente pretendían dar un aire de solidez e elegancia ás súas casas. <br />Algúns pensamos que outro dos lugares onde se abusou desta práctica foi na renovación e restauración nas nosas igrexas e capelas, e frecuente ver un retablo superposto sobre pedra vista cando orixinariamente destacaba sobre un fondo encalado. Neses casos a medida da luz que se proxecta dentro dos templos, sobre o altar e os retablos, altera o deseño orixinal.<br />Tal vez o erro, na miña opinión, sexa entender que hai materiais nobres e materiais secundarios cando na practica os diferentes materiais teñen maridanza formando un conxunto e potenciándose nesa combinación.L VIÑASnoreply@blogger.com