10 de abril de 2007

CASA DA TORRE (BASADROA)

Na maioría das aldeas hai sempre algún elemento histórico, arquitectónico, arqueolóxico, etnográfico ou artístico que destacar.
No lugar de Basadroa (Eidián), entre outros elementos hai unha casa na que algúns dos seus elementos arquitectónicos falan dun pasado fidalgo. Sobre a porta de arco de medio punto lese a inscrición: SOI de PEDRO do CASAL escribano AÑO 1600.
Ádemais desta porta advírtense nos muros de perpiaño, na cornixa en chafrán e nunha gárgola de tubo restos dunha casa nobre á que se coñece co nome de Casa da Torre.



O debuxo é de Xosé Manuel Broz Rei, publicado no seu libro SANTISPÍRITUS de Melide.

Ningún comentario:

Publicar un comentario