6 de abril de 2007

SEPULCRO DE PEDRA

Onte en Basadre, entre as varias descubertas, atopei este sartego de pedra ubicado nunha finca de Manuel Amor e que emprega na actualidade como abeberadeiro para o gando. É bastante habitual no rural galego.
Orixinariamente estivo ubicado nas inmediacións da desaparecida capela de San Estevo. Do que non se sabe é da súa tampa. Estes sartegos soen datar desde a Idade Media ata o Barroco.
Se visitades as aldeas cos ollos ben abertos e preguntades, iredes descubrindo estes pequeniños tesouros que axudan a tecer a historia dun lugar. E por pequena que sexa, é a historia do espazo que habitamos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario