Novamente, Os Pendellos volven converterse nun plató de rodaxe. As produtoras xa se aconsellan mutuamente sobre onde están os mellores exteriores. Esta é a quinta rodaxe que se leva a cabo neste espazo.
Quero destacar unhas frases recollidas da prensa: "Este recinto feiral foi elixido como ambientación debido á inexistencia de contaminación acústica ou visual do entorno" (Aínda podía ter ben menos elementos discordantes, confirmo eu)
O xefe de produción, Toni Veiga, dixo:"É importante encontrar este tipo de espazos á hora de rodar proxectos ambientados en épocas históricas".
Xosé Manuel Olveira "Pico", que participara na curtametraxe "A Boa Caligrafía" tamén con escenas rodadas nos Pendellos, volve a repetir. Aquí aparece con outros actores e figurantes dentro da Casa-Museo, convertida para a ocasión en vestiario improvisado.
Que sorte tedes. A película gaña moito con ese espazo, e os pendellos tamén, pois supoño que por uns días imaxínaste como foron no pasado.
ResponderEliminarIsto é o bo das restauracións, que se lle saque proveito e dun xeito adecuado.
Apertas
E que o lugar préstase, sin duda algunha.
ResponderEliminarQue saiban os localizadores de exteriores tamén que pola Alcandra temos espazos magníficos tamén para complementar o recinto excelente dos pendellos de Agolada.
Apertas