29 de outubro de 2009

IGREXA E CEMITERIO DE SANGUIÑEDO (DOZÓN)

Onte lía unha entrada no blog do amigo Suso Acevedo que versaba sobre o tren e a literatura. Nel referíase ao cemiterio de Sanguiñedo, onde observou nas lápidas que á beira de persoas moi lonxevas xacían outras moito máis novas, mortas nunha mesma época. Quizais fosen aqueles os mortos por causa da silicose na construción do túnel que morde as entrañas da montaña no Foxo do Cabrito, entre Dozón e O Irixo.
Deixeille un comentario preguntándolle se sería este cemiterio de Sanguiñedo e polas referencias que me dá non pode ser outro.
Cemiterio á parte, este é un lugar excepcional, que ve xuntar as augas do regato Seixas e do Pulgán, nunha chaira que denominan Os Chaos de Cardueiro. Aquí descansan en paz vivos e defuntos. Este últimos por dobre razón.
As fotos fíxenas a finais de xuño, quizais nunha mañá que desexaba buscar esa paz que sei que alí é fácil de encontrar, no medio dunha natureza exuberante e a soidade envolvéndoo todo.

4 comentarios:

  1. A min, gústame a árbore do final, si si encántame.

    Ah, para que se saiba, estou intentando volver a retomar a actividade no blog.

    Saúdos.

    ResponderEliminar
  2. Vai fotos máis femosas, transmiten paz con miralas polo que non me extraña de que sexa un sitio excepcional.
    Bicos

    ResponderEliminar
  3. Amigo Manolo,
    Si que é ese o cemiterio. Intentei comprobar nas túas propias fotos a idade dos falecidos, aumentando as lápidas, pero difumínanse e non son capaz de lelas.
    Unha aperta
    Suso

    ResponderEliminar
  4. Gracias Manolo por acordarte dese recuncho,o cemiterio de Sanguiñedo. Eu sí che podo decir que é o noso cemiterio e o pendello onde nos acollemos da choiva mentres non chega D. Manuel, o noso cura.
    Un abrazo.
    Carlos e Josefa.

    ResponderEliminar