15 de setembro de 2010

PRE-POSICIÓN, RE-POSICIÓN NOS PENDELLOS

Pendellos restaurados a con-ciencia.
Pendellos restaurados ante a sociedade.
Pendellos restaurados baixo unha dirección.
Pendellos restaurados deica a fin.
Pendellos restaurados con criterio.
Pendellos restaurados consonte a historia.
Pendellos restaurados contra o abandono.
Pendellos restaurados de Agolada.
Pendellos restaurados dende a honestidade.
Pendellos restaurados en uso.
Pendellos restaurados entre todos.
Pendellos restaurados malia o desánimo.
Pendellos restaurados mediante a persistencia.
Pendellos restaurados onda a capela.
Pendellos restaurados para nós.
Pendellos restaurados segundo o futuro.
Pendellos restaurados sen condicións.
Pendellos restaurados sobre a verdade.
Pendellos restaurados tras o diálogo.
Pendellos restaurados xunta a encrucillada da auga levada.
Seguen as obras e os pendellos de Agolada van cobrando corpo, alí onde a pedra se amoreaba amorfa e resignada. Andamos na parte B da segunda fase. Cinco pendellos rexurden desde o chan (catro expositores e unha caseta almacén). Tamén virá o mobiliario para a Capela, o Museo e os comedores. Unha espadana férrea termará da campá sobre a capela das Virtudes e a ara do Rego de Ferreiroa migrará deica Agolada para musealizarse onda a ermida.
Vai chegando o momento para que o Concello faga a pertinente licitación de uso, mellor a unha empresa experimentada e solvente, que xestione o futuro comercial, cultural, turístico, museístico dos Pendellos. A feira debería ser tarefa directa do Concello. Iso creo eu.

3 comentarios:

  1. Animo a todos os que traballades pola restauración dos pendellos mais aló do desánimo.

    Gonzalo Trabancas

    ResponderEliminar
  2. Teño un amigo mestre que escribe moi ben (e ademáis é un artista coa gramática!).

    Sempre hai camiños diferentes para chegar ó destino. Non sempre todos os camiñantes teñen que percorrer o mesmo vieiro, pero estou seguro de que no destino todos confluen.
    Gustarame tomar un viño no entorno dos Pendellos cos camiñantes que chegan por diferentes vías. Tinto a poder ser.

    Unha proposición indecente queda feita (e que despois seguro que teño que conducir para volver)

    ResponderEliminar
  3. Este comentario foi eliminado por un administrador do blog.

    ResponderEliminar