22 de novembro de 2013

AGOLADA: MAR DE PEDRA



Un océano de pedra sabia e antiga esténdese desde o Farelo ao Arnego. A pedra aflorou do ventre da terra para integrarse na paisaxe e darlle carácter. Fíxoa rexa, rústica e atraente. Con pedra erixiuse o hábitat e debuxou con paredes e valados un encrucillado humanizado. Lousas verticais, parafitas illadas, laxes expostas como cadernos de gravuras pretéritas e misteriosas, paredes de pedra domesticada en xeometría de perpiaños conformaron a nosa fisionomía aqualatense.
A pedra foi ortostato, chanto e mesa da anta funeraria para o alén, menhir monolítico para definir o territorio tribal. A pedra creou a base sobre a que fundamos a historia que foi e a que aínda hai de ser.

2 comentarios:

  1. Moito me aleda "verte" asomar por esta xaneliña. E traendo cousas tan fermosas...con máis razón
    (Gustáronme moito as imaxes, pero teño que ir ver eses lampións espiraliformes de Ferreiroa)

    Apertas de Antas

    ResponderEliminar
  2. a min gustáronme todas as pedras, pero a pomba...

    ResponderEliminar