28 de abril de 2016

COLECTIVO BALUARTE DOS PENDELLOS PIDE O VOSO APOIO COMO SOCIOS

Recentemente xurdiu en Agolada e Lalín un colectivo de persoas, do que formo parte, dispostas a traballar para culminar as obras de restauración do Conxunto Histórico-Artístico de Os Pendellos de Agolada. Estas obras estarían plenamente xustificadas coa posta en uso permanente das distintas construcións. Igualmente pretendemos a creación dun Padroado dos Pendellos para dirixir e orientar a xestión futura do recinto.
CAMPAÑA DE FILIACIÓN DE SOCIOS:
Para que os obxectivos (recuperación integral dos Pendellos de Agolada e a súa posta en funcionamento permanente) cos que nace este colectivo se cumpran, precisamos da vosa colaboración. O respaldo social é importante á hora de presentarnos diante da administración, polo que vos pedimos que nos apoiedes facéndovos socias e socios do colectivo. Non hai cotas de ningún tipo, só tedes que enviar cuberto o seguinte texto  a:

pendellobaluarte@gmail.com


Nome e apelidos, con DNI ............................, localidade de residencia..................,
e-mail......................................................,
PRESTO O MEU APOIO E DESEXO FORMAR PARTE DO COLECTIVO BALUARTE DOS PENDELLOS para tratar de acadar os obxectivos expresados na carta-invitación e intentar que se cree un Padroado para a súa xestión futura.
……………........., ……. de ……………… de 2016




Moitas grazas polo voso apoio!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario