Pronto vai facer tres anos que demos con esta mámoa e desde entón as vicisitudes que experimentou o monumento megalítico son, cando menos, inusuais.
A Asociación Amigos dos Pendellos de Agolada no seu compromiso co patrimonio cultural do concello iniciara unha campaña de difusión e posta en valor de varios enclaves de máximo interese: os Pendellos do antigo mercado, a Ponte dos Cabalos e o Dolmen dos Muíños.
Para este último cometido acudiron a Agolada, invitados pola Asociación, os arqueólogos Víctor Barbi, de Patrimonio Arqueolóxico (á dereita) e Xosé Lois Vilar do Instituto de Estudos Miñoranos.
Na foto vémolos tomando medidas e fotografías tendentes a súa catalogación e localización GPS.
Valoraron especialmente a existencia de pinturas no interior da cámara dolménica.
Isto ocurría o 31 de agosto de 2005.
En entradas vindeiras falareivos das distintas vicisitudes polas que foi pasando a mámoa. Na foto podedes observar como o túmulo está totalmente limpo das matogueiras que rodeaban o monumento cando o descubrimos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario