15 de agosto de 2007

PORTA SINGULAR ENTRE AS RUÍNAS

Quixo o azar que os meus ollos escrutasen onte entre as ruínas esta porta verdadeiramente singular. O lintel triangular coa Cruz de Malta en altorrelevo chama a atención. As ucheiras construídas con varias pezas de perpiaño tampouco son frecuentes nas sinxelas casas labregas. Parecen indicar que pertencen a unha casa fidalga. Dei con ela no lugar de Romariz (As Trabancas). En Bidueiros (Ferreiroa) hai outra semellante.
A porta pertence a unha casa ruinosa que se rendeu á ameaza da vexetación que medra nos seus muros e no seu interior.

Ningún comentario:

Publicar un comentario