Por iso quero comezar hoxe un percorrido polo panorama musical que hai construído arredor de Agolada. E como expoñente máis sobranceiro é obrigado traer aquí a figura de D. Luís Araque Sancho. Naceu en Zaragoza e viviu unha parte da súa vida en Madrid. Pero os vencellos de Luís Araque con Agolada véñenlle por casamento e por afecto. Casara con Sarita Méndez Fernández, da casa de Asorei de Quintela (Ventosa) e aquí acudía a pasar unha parte das súas vacacións estivais, que sempre incluían a festa do Faro polo 8 de setembro. Nos seus días de descanso galego, a omnipresenza do Farelo e as camiñadas desde os piñeirais do monte de Laxe ata as claras augas do Ferreiroa pola Pedriña, servíronlle de inspiración para traducir as paisaxes en corcheas e os rumores do vento en sonoros acordes. O pasodobre galego GOLADA e a suite galega ANAQUIÑOS D'A TERRA son dous pequenos tesouros que merecen ser difundidos porque neles queda recollido aquel seu amor pola terra da que fora a súa dona. E desde este blog queda asinado o meu recoñecemento por tal labor.
A faceta musical é a que o fixo coñecido nesta terra e no ámbito internacional. Cómpre reivindicar a súa memoria e difundir a súa densa biografía e citar composicións súas tan coñecidas como La Tuna Pasa, Tiniebla, Siempre te amaré, Ya sé que tienes novio... e lembrar o seu traballo con Antonio Machín, para quen compuxo unha decena de cancións, ou para a tuna, e a creación e dirección da Orquesta Internacional Luís Araque.
Home polifacético, licenciado en Medicina (profesión que exerceu durante a Guerra Civil), compositor, pianista, director de orquesta, editor, redactor da revista Ritmo e autor de varios libros relacionados coas súas actividades profesionais. Cando morreu figuraba como director dos Servizos Médicos da Sociedade de Autores de España.
Home polifacético, licenciado en Medicina (profesión que exerceu durante a Guerra Civil), compositor, pianista, director de orquesta, editor, redactor da revista Ritmo e autor de varios libros relacionados coas súas actividades profesionais. Cando morreu figuraba como director dos Servizos Médicos da Sociedade de Autores de España.
(Hai días falei cunha sobriña da que fora a súa muller para conseguir unha foto do matrimonio. Espero poder ofrecérvola máis adiante).
Que ilusión oir hablar de Araque¡¡
ResponderEliminarSu hermano vivió en Barcelona y tuvo una estrecha relación con mi familia, e incluso ejerció de mi padrino hasta que murió , cuando yo tenía 13 años.
Tienes una web muy interesante, te felicito.
A ver si te haces con fotos de gente de Baiña, que me haría ilusión verlas.
Ola Busto
ResponderEliminarPolo Faro acostumbraba a vir quedarse dormir á miña casa de Ventosa (Casa de Casanova - Cartimil); xa que era cuñado de meu avó (Teolindo Méndez).
Unha vez alí había dúas cousas que non perdoaba: O cocido de miña avóa e durmir nunha habitación que daba cara a serra do Farelo. Por certo, que esto moita xento non o sabe, estaba compoñendo unha obra sobre o Farelo cando faleceu.
Unha aperta
Fernando
Outro dato máis para renderlle memoria. Grazas, Fernando.
ResponderEliminarlo vi por internet:foto de Luis Araquewww.findagrave.com/cgi-bin/fg.cgi?page=gr&GSvcid=11064&GRid=21351678&
ResponderEliminarPerdón,el mensaje anterior te lo mandé sin remitente.Soy María de Melide,hermana de Clara.Saludos
ResponderEliminar