Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, presenta o acto, que se inicia nos xardíns que están a carón da capela de San Roque, onde Pintor plantou un buxo.
Pintor diríxese ao numeroso público concentrado no xardín de San Roque. As súas palabras percorren a infancia na rúa do Convento e evocan aos ancestros de Santa María e Furelos e aos que aínda manteñen vivo o apelido da estirpe.
O xardín de San Roque desde onte é unha ligazón máis entre as matrias de Pintor e os concellos de Melide e Agolada. No monolito que se lle dedica ao escritor (na foto, no momento da súa descuberta) reza un poema do libro Banzados que versa sobre as sobreiras e as xentes do val onde medran.
É costume da AELG, nestes actos de homenaxe (O escritor na súa terra), que cada homenaxeado plante unha árbore.
A nutrida comitiva de asistentes ao acto trasladouse desde a capela de San Roque ata o Centro Multiusos de Melide (antigo instituto onde estudaramos varios dos presentes). O edificio, reconvertido, acolle agora a biblioteca municipal que desde onte leva o nome do poeta homenaxeado.
A alcaldesa de Melide Socorro Cea é unha promesa de futuro e esperanza para Melide. Xuventude, intelixencia e ilusión postas ao servizo dos administrados. Sabia elección dos melidenses.
Diante do Centro Multiusos dedícalle a Pintor un extenso relatorio no que loa a súa traxectoria vital e vocacional e exprésalle o orgullo de Melide por contar entre os seus cidadáns de nacemento e afectos coa figura do escritor.
Pintor volve a facer uso da palabra para percorrer outros traxectos da súa peripecia vital de estudante-futbolista que se debatía entre a súa afección balompédica e os anceios paternos por que prosperase no ámbito académico.
Alude aos múltiples referentes que conserva de Melide e cautiva ao numeroso auditorio con múltiples anécdotas persoais. Na foto acompañan a Pintor D. Avelino Pousa (con boina), D. Luís Bará (Director Xeral de Difusión e Comunicación da Consellería de Cultura), Socorro Cea, Xosé Paz, Cesáreo Sánchez Igesias, Antía Otero, Damián Paio e varios concelleiros de Melide.
Vázquez Pintor contesta con verbas sabias e emocionadas á Laudatio de Caride e para momento tan especial quere enfundarse na capa que lle pasara seu tío Xosé Pintor Sánchez como un símbolo da saga familiar.
Mesa presidencial durante o xantar que compartimos nun restaurante de Melide.
A xornada remataría cun reducido grupiño dos que quedabamos a última hora para visitarmos o solar da saga Pintor na casa de Ponte de Penas, que na actualidade pertence ao seu curmau Carlos.
A xornada remataría cun reducido grupiño dos que quedabamos a última hora para visitarmos o solar da saga Pintor na casa de Ponte de Penas, que na actualidade pertence ao seu curmau Carlos.
Cando voltaba cara a casa despois desta xustísima homenaxe, unha inquedanza seguía a roerme os sentementos. Porque Agolada ten unha débeda enorme con Vázquez Pintor e fáltanos orgullo, xustiza e consideración para lle tributar a festa do agradecemento. Por tanto afecto, por tanta dedicación, pola ilusión, polo amor, polas verbas e a literatura, polas reivindicacións, pola dignidade mantida ao longo de tantos lustros, desde que con catro anos chegara para habitar na gándara que olla cara o Farelo. Albergo a esperanza de que antes cedo ca tarde madurará este froito e a breva caerá por simple gravedade.
Velaquí a miña aperta e a miña pequena homenaxe, amigo Pintor.
Deste día trouxen as verbas que o encargado da laudatio dixo: que os múltiples premios e recoñecementos acadados non prestixian ao autor; se non que neste caso son os propios premios os que se prestixian cando é Xosé Vázquez Pintor quen os recibe.
ResponderEliminarQue os da capital da Gándara reguen o buxo de San Roque con mimo, que de seguro que Vázquez Pintor seguirá regando con maestría a lingua.
Aiii, mágoa non poder estar alí, nesta tan merecida homenaxe !
ResponderEliminarParabéns para Xosé! Se o buxo o regan coas palabras de quen o prantou, seguro que chega a ser máis grande que unha desas secuoias das que fala nos seus poemas !
Eu tiven a sorte de escuitalo falar e recitar versos seus e sei que merece esta homenaxe e máis.
ResponderEliminarAlédome por el e ogallá que só a décima parte dos galegos fosen coma el. Iríanos muito millor !.
QUE BEN FIXERON, TODOS SABEMOS QUE PINTOR SE MERECE ESTA E MOITAS MÁIS HOMENAXES!!! FELICIDADES PINTOR.
ResponderEliminarAgradecido polo comentario e pola lembranza do post. Excelente información a que facilitas. Se mo permites, usareina nas aulas o vindeiro curso. Tes razón: os que andamos neste lerio das letras non estamos a ser moi xustos con Vázquez Pintor.
ResponderEliminarSaúdos.
Claro que o merece. Sobreo o que coñezo del, parece unha gran persoa. MERECEO. Bicos.
ResponderEliminarUnha ves máis manuel, fas unha memoria agarimosa dese día, e fainos recordar a todos os que non estivemos o sábado en Melido o peso e o enorme espiritu de Xosé1
ResponderEliminarUn saúdiño a todos os que andades de visita por este blo agoladense
É unha sensación rara. Un sentimento que afonda unha vez máis en tristura. Intento vivir en paz, buscar a armonía entre o corpo e unha terra prestada pero cada vez que teño que enfrentarme a estas novas, fáltame aire para vivir, convertindo a minha presenza, nestas horas da noite, nunha lagoa de bágoas insomnes.
ResponderEliminarSó me queda a esperanza de volver a disfrutar da súa maxia e compartir ese pan das abellas, nos vindeiros días polas terras do Deza e restaurar, de paso, este profundo afecto.
Grazas, Manoliño.
O de bágoas insomnes non foi un plaxio, máis ben, unha casualidade, jeje
ResponderEliminar