¿Que é un blog? ¿Que temas se deben tratar nun blog? Se existe algún manual que o diga, sería mellor aparcalo no andel máis alto dun esquecido faiado. Se é ese caderno persoal que cadaquén desexa, a liberdade sería a primeira e única premisa.
Este é un blog que naceu preferentemente para divulgar os valores patrimoniais do concello no que vivo e aí seguiremos namentres os lectores aguanten e un dispoña do tempo e da ilusión que isto require. Todos os traballos e as moitas horas dedicadas nesta arela vense sumamente compensadas polas múltiples sorpresas agradables que este caderno me leva deparado. Permitiume coñecer xente, retomar vellas amizades, establecer vínculos novos con vellos coñecidos, ilusionar e ilusionarme na certeza dos que me len na distancia e marcar pautas en diversos campos. E sobre todo, permíteme poñer en valor o inxente e humilde patrimonio desta terra que me viu nacer.
Para unha lectora de Santiago vai dedicada especialmente esta entrada, como testemuño do meu agradecemento, coa liberdade proclamada de escribir neste caderno persoal. De nada nos coñeciamos, pero un común amigo, coa vehemencia que o caracteriza, inculcoulle as ignotas virtudes do Aquam Latam e desde aquela esta páxina é unha ponte que se alonga deica Compostela rebordando o Pico Sagro.
Esa lectora ten ascendencia materna en Toiriz (Vila de Cruces), aldea ribeireña do Arnego e colindante coas parroquias de Brántega e Carmoega en Agolada.
A panorámica de arriba recolle fragmentos das tres parroquias devanditas e no horizonte, a de Cumeiro, vistas desde o alto de Paradela (Carmoega). O río, a paisaxe, a veciñanza, a historia e os ancestros son elementos que nos convocan e que nos relacionan. Pero ningunha ligazón foi tan forte como o está a ser esta páxina, con ser todas elas importantes. Velaí outra das múltiples virtudes que se lle poden tirar a este enredo dos blogs.
Querido Manuel, que orgullo ter unha entrada dedicada no teu blog, fasme sentir importante, e ademais estou dobremente orgullosa se penso que as miñas raices enterradas por Toiriz, están tan próximas a ese lugar que me marabillou de Agolada.
ResponderEliminarSabes que non son moi propensa a deixar comentarios, pero xa postos aproveito e fágoche dúas peticións:
1.- Que continues coa mesma ilusión creando en AQUAM LATAM.
2.- Que cando te recuperes e os compromisos de ambos nolo permitan, me guies na bicicleta por algunha das fermosas rutas por esas terras.
Son dúas peticións moi egoistas, pero o sinto son así...
Unha aperta agarimosa
Bonitas verbas
ResponderEliminarNon se pode pedirm mellor cousa ca facer algo útil, entretenido e que poriba disfrutes e che dea satisfaccións!.
ResponderEliminarViladecruces é a beira de onde nacín eu. Vou ás veces comer a un pequeno restaurante que hai en Gres (unha parroquia do Concello de Vila de Cruces, onde vive e naceu Neira Vilas)é vou dende a Coruña, e cada vez levo a alguén novo, porque andar por aquelas carreteriñas de Gres cara a Cira, subindo por o Curro, pasando por Dornelas cara a Bandeira ata chegar a carretera de ourense... faime chegar a miña patria: a infancia. Sempre recortado ó lonxe o pico sagro
Xa sabía eu das tuas capacidades semánticas. O que vou vendo tamén é a maestría coa que vas sacando as notas para que o resto dos músicos se vaian incorporando á partitura...
ResponderEliminarParabéns. Sigo atento á sinfonía
Na xuntanza dicías que cos blogos poden comunicarse persoas na distancia con gustos que son minoritarios. E tés razón porque sen os nosos blogos non poderiamos dicir ao mundo o que nos gusta e queremos dicir e por medio do blogo coñecemos xente con puntos de interese en común.
ResponderEliminarA min particularmente gústame o que contas en plan etnográfico ou cando sacas fotos de Tom van Vliet.
Un saúdo.
Miña nai reparte o correo en Toiriz. É unha zona fermosísima, sempre e cando se fai bo tempo. Bicos.
ResponderEliminarE incrible o teu blog profesor haber se o meu nun futuro proximo e asi de guai
ResponderEliminarO teu amor pola terra é alimento para o meu corazón. Grazas ao teu blog amo con máis devoción :-)
ResponderEliminarBerta: Agradezo moito o teu comentario. E quedo comprometido a serviche de cicerone ciclista por estas terras que compartimos. O Aaquam Latam terá que seguir, quero que siga pero teño que diminuír o ritmo inicial porque me absorbeu durante moitas horas e rematou por pasarme factura a saúde.
ResponderEliminarUnha aperta e saúdos a Cuco.
Boas!
ResponderEliminarPois si, iste mundo vai medrando!
Cada un faino do que mais save, e ademais un disfruta colgando novos artigos! jeje
Un saudo!
pst: Que rapido te enteraches do meu blog!