9 de marzo de 2009

871. ARTE CON MENSAXE

Hai unha quincena voltei pasar polo Taller do Peto. Alí estaba Jorge López Penoucos en acción. A parada era obrigada para a conversa e para a contemplación da arte en directo.
Jorge sabe tirarlle proveito ás formas que prodiga a natureza e a poder de imaxinación búscalles facetas diversas. E non só iso. Compón mensaxes que camiñan por un carreiro que vai da artesanía á filosofía.
Gustaríame salientar e traducir un fragmento do texto que hai sobre a chapa metálica:
"...Se de tolerancia se trata, eu prefiro o respecto. Quen habita no respecto non necesita tolerar. O seu camiñar faise máis libre xa que non ten que pararse a xulgar, senón a entender, a aprender..."
Sobre a madeira e a pedra agroman estrañas figuras zoomorfas e antropomorfas non exentas de beleza.


Cabeza dun toro de árbore, nariz de seixo, lentes de cegueira metálica.
Foi aquela unha fermosa mañá de arte e bicicleta. E remato parafraseando a Machado: "Cilcista, non hai camiño, faise ciclismo ao parar". E pedaleando tamén. Pero sobre todo cando te detés para observar e vivir o ambiente que te rodea. E alí estaba o Taller do Peto para parar e admirar.

4 comentarios:

  1. Un artista grande, si señor.
    Eu penso que ir en bicicleta é como camiñar, outra forma de viaxar coñecendo o lugar. O triste é que hoxe a xente di que viaxa pero só se traslada.

    ResponderEliminar
  2. Fermoso traballo, e a inscripción moi lograda. Pasear na bicicleta coa cámara as costas é unha boa forma de coñecer o que temos ó lado, que normalmente pasa desapercibido.

    Unha vez puxen un post de un traballo en madeira, que foi o que me truxo a visitar ó teu blog por unha recomendación. Se queres botalle un vistazo

    ResponderEliminar
  3. Un povo que faga deporte sempre será un povo máis sano. Un povo que faga arte, sempre será un povo máis louco se cabe, pero tamén máis humano.
    Coñezo moitas artistas anónimos, deses que soñan para si mesmos, como decía Pessoa.
    Por certo, tamén a estas horas "alguén", na Solaina de Piloño estará labrando na madeira da cerdeira do Pintor para darlle xeito as ideas. Xa me tarda a bendita hora de gozala.
    Bicos e apertas.

    ResponderEliminar