11 de abril de 2010

A GALICIA BONITA: AGOLADA

No xornal "La Voz de Galicia", dentro dunha serie de reportaxes baixo o epígrafe de "La Galicia bonita" aparecía hoxe no suplemento "Los Domingos de La Voz" unha ampla reportaxe dedicada a Agolada, unha "comarca de suaves colinas". O título que lle dedicou o periodista Cristóbal Ramírez incide no máis salientable que o noso concello pode ofrecer:
Este blog Aquam Latam, que naceu coa humilde pretensión de chegar á xente de Agolada, viu nesta reportaxe un motivo de alegría e un refrendo á iniciativa de difundir desde estas páxinas o patrimonio aqualatense. Xulgo a reportaxe moi digna se se ten en conta a visión que se pode obter nunha visita curta. Tamén observo algunhas lagoas de relevo: o Sobreiral do Arnego, as Torrentes do Ulla, os ríos Ulla e Arnego e as súas ribeiras, o monte Farelo, o inxente patrimonio arqueolóxico, a arquitectura popular dalgunhas aldeas, os pazos de A Pena en Carmoega, o de Moas en Brántega, o de Ouro en A Baíña; de cumios sagrados como a Pena da Virxe... son dignos de incluír na mellor guía para exaltar as excelencias desta Agolada bonita.
Pazo de Borraxeiros, erixido sobre os alicerces do castelo medieval derrubado en 1467 na I Guerra Irmandiña.
O Pazo de Eidián, coñecido de sempre como a Casa Grande de Eidián, está dedicado na actualidade a Turismo Rural.
Castro Marcelín, un dos poboados prerromanos mellor situados estratéxicamente. Na imaxe pode observarse a estrada asfaltada que con suprema ignorancia foi levada ata o interior da croa do castro, derrubando a muralla polo flanco norleste.
As imaxes desta entrada están tomadas de "La Voz de Galicia" e foron obtidas por Manuel Marras.

2 comentarios:

  1. Sin tu permiso, pero con todo el respeto, he puesto en mi blog este artículo que me ha encantado. Espero que no te moleste, si es así, házmelo saber y lo quito inmediatamente.

    Saludos

    ResponderEliminar
  2. En absoluto, Fini. Me parece muy bien.
    Por cierto , acudo muy poco por tu blog. Algo sucede al conectarme desde varios ordenadores, que me quedan colgados. No sé si es problema del servidor o a qué causa obedece.
    Me sucede también con otro blog que tengo ligado "Revolta da Freixa"
    Saludos.

    ResponderEliminar