6 de abril de 2010

TRAXEDIA NA CURVA DE REBORDELOS (PONTE VILARIÑO - AGOLADA)

Agolada volve ser hoxe triste noticia que percorre con arreguizos a vestusta pel de touro. Sucédense os laios e rexurden os lamentos. Invócanse antecedentes mortais (son oito en dez anos no mesmo lugar; os feridos son bastantes máis, Xosé Luís Barreiro Rivas entre eles) e demándanse melloras para unha estrada convertida en cóbrega letal, que periodicamente esixe un prezo en sangue de tributo á inoperancia. Cómpren medidas, sobran palabras. Na estrada todos somos vítimas potenciais. E este lugar: punto negro, tramo de alta sinistralidade, capa de rodadura antiderrapaxes, sinais que alertan dos apuros, radares disuasores e recadadores, curvas de Rebordelos, sombrías entre os ribazos pétreos e os recentes eucaliptos que se erguen ameazantes polo sur alongando os resíos as xeadas... Neste lugar débense adoptar solucións máis efectivas. Este lugar pónnos medo aos usuarios de acotío.
Imaxes tomadas de El Faro de Vigo.
POST SCRIPTUM
Tráfico constata más de cien accidentes en la zona de Ponte Vilariño durante la última década
(Domingo, 11 de abril de 2010).

4 comentarios:

  1. Mete medo como quedou ese coche! Eu, que tamén paso con certa frecuencia por aí, sei o perigosa que é a zona e apoio a necesidade de solucións urxentes.
    Saúdos
    Suso

    ResponderEliminar
  2. Vaia lategazo aos meus sentimentos románticos que eu tiña de Ponte Vilariño seguro que preto de Rebordelos, cando eu pasei aínda non había a nova estrada; remanso de tranquilidade onde tomei un bo bacallau por alí preto, e logo unha sesta baixo duns carballos frondosos; que magoa que morra tanta xente aí nun lugar que sempre quixo ser romántico cos soamentos e queixumes de antano; choro esas mortes, mais non podo esquecer coando foi o que debía ser sempre.
    Desde o Pico Sacro.

    ResponderEliminar
  3. Certo o que dis, Busto. Pero seica é necesario que haxa un tributo de sangue para que se tomen medidas. Do perigo do lugar sabémolo ben quenes por él transitamos a diario. Anuncian modificación do trazado; agardemos que sexa máis pronto que tarde.
    Unha aperta

    ResponderEliminar
  4. ¡Que arranxen dunha vez por todas esas curvas!

    ResponderEliminar