20 de decembro de 2011

PÁXINA WEB DE JUAN EIRAS

As abellas d'ouro - Estrea absoluta by Juan Eiras
Saudamos con alegría a páxina web de Juan Eiras, músico con fortes raigames en Agolada, terra na que encontra musas abondo para regalarnos os oídos e o espírito.
Aquí recollo dúas magníficas obras súas  publicadas na web:
AS ABELLAS DE OURO, obra baseada no libro homónimo de Xosé Lesta Meis, estreada en 2001 no teatro Principal de A Estrada e interpretada por O.S.CMUS Superior de Vigo.
AUGA LEVADA, obra finalista no II Concurso de Composición para Bandas de Música Populares, 3ª Sección. Foi estreada no Teatro Rosalía de Castro de A Coruña e interpretada pola Banda de Música da Federación Galega de Bandas de Música Populares, dirixida por Xosé Carlos Seráns Oliveira.
Esta obra está inspirada no territorio patrio de Juan Eiras: Agolada (Auga Levada).
Auga levada - Estrea absoluta by Juan Eiras

Ningún comentario:

Publicar un comentario