Cendoi non ten quen lle fale ao igual que o coronel non tiña quen lle escribira. Unha familia habitaba este lugar da parroquia de Artoño. O único descendente vivo, xa velliño, está ao coidado duns parentes en Vilar. Cendoi non ten quen lle fale. Non hai voces nin esperanza. A fraga rematará por colonizar leiras e prados, a carriza medrará na eira, Eolo levará o tellado, a madeira podrecerá coa chuvia... Cendoi ficará no esquecemento. Este blog serviralle de megáfono para berrarlle á Rede que Cendoi existe, illado nun bosque de silencio, co misterio que o abandono selou nas súas fiestras.
Bo sitio para castiñeiros. Alguén tería que contar a historia desa familia. Case como a de Macondo.
ResponderEliminar