20 de marzo de 2007

PAZO DE EIDIÁN (III)

Escaleira con patín na Casa Grande Eidián. Dá acceso ás dúas suites con que conta o pazo, dedicado a turismo rural. Ten ademais outras dez habitacións con baño e todos os servizos. O lugar é ideal e ademais revestido de historia.
Con este blog non pretendo facer unha guía turística convencional. Só trato de dar a coñecer e aportar a miña visión particular sobre os elementos que me parecen reseñables. A escolla é dobre. Primeiro, coa cámara ao andar os camiños, montes e aldeas. E logo á hora de seleccionar entre os milleiros de fotos que fun arquivando nos tres últimos anos.

3 comentarios:

  1. caramba manolo, milleiros de fotos!!!, menos mal que o ordenador hoxe en día nos permite gardalas sen maior problema.
    por certo, gustame ese equipo a medio equipar.
    apertas

    ResponderEliminar
  2. Sabes, Beatriz, que o tal Pepiño do Quián, o futbolista a medias, é o noso común amigo Xosé Vázquez Pintor?

    ResponderEliminar