19 de marzo de 2007

PETROGLIFOS COTO CORNELLAL

Petroglifos catalogados por Patrimonio co nome de Coto Cornellal, en Axiaz (Ventosa), situados no monte do mesmo nome.
Os motivos que aparecen representados son círculos concéntricos e labirintos, nunha das rochas. A outra aparece inscrita con cazoliñas. Patrimonio ten catalogadas exactamente 20 estacións con petroglifos neste mesmo Coto Cornellal. Nas fotos aparecen dúas destas vinte rochas. Tanta abundancia de insculturas fala da enorme importancia deste enclave nese período prehistórico (2500 a.C.)














Ningún comentario:

Publicar un comentario