Impresionante cheminea nunha casona de Axiaz. Toda ela de perpiaño, rematada con pináculos e con gárgolas de tubo para o desaugue. Na parroquia de Ventosa hai polo menos tres chemineas deste calibre, señoriais, testemuñas dunha elaborada lareira. Son unha elocuente desmostración da acertada arquitectura sen arquitectos. Entre as súas características: o equilibrio, a proporción, a elegancia. Destaca na paisaxe da aldea coma unha atalaia coroada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario