18 de abril de 2007

CRUCEIRO EN SANTA COMBA

No adro da igrexa de Santa Comba hai un fermoso cruceiro, con detalles que o singularizan: un capitel con forma de tonel con molduras oblicuas, a inscrición nunha pedra solapada no fuste, e unha cobra que se enrosca arredor do terceiro andar do basamento.
A imaxinería, como é bastante frecuente noutros cruceiros da comarca, é de pouca calidade escultórica, esquemática e plana.
Os nichos de mármore do cemiterio non contribúen á beleza do lugar.

Ningún comentario:

Publicar un comentario