5 de abril de 2007

MOZAS CON SEISCENTOS


O día da feira era día propicio para facer unha foto, pois acudían varios fotógrafos a facer a súa feira. As máis das veces poñíaste co fondo de tea que traían (un barco de guerra, un xardín con varanda e balaústres...) e outras veces elixías algo do arredor que quedase ben.
Na foto da imaxe creo que as atraeu o seiscentos, ese vehículo fetiche dos anos 60. Para min ten máis valor o fondo que hai detrás do coche: a casa do Baralleiro, cos mozos xogando ao futbolín e o monte Coteimil case pelado de vexetación (era zona de pastoreo de gando). Esa estampa de Agolada xunto coas mociñas Clarita, Cris, Guillermina, Tilucha, Lupe, Raquel e Mercedes compoñen unha imaxe evocadora.
(Foto do álbum de Lupe Vilariño)

Ningún comentario:

Publicar un comentario