Cando o escribano D. Ramón Barrio de Losada xestionou o traslado da feira do 12 desde Os Chaos de Aián para Agolada, a Real Cédula expedida polo rei Carlos IV esixía que na nova feira o gando estivese cercado por un valado perimetral.
Daquel primitivo valado queda en Agolada o fragmento que aparece na foto, na rúa Constitución. Está construído con cachotería granítica e cun ancho de 60 cms. Sábese que quedaba delimitado polos camiños e que tiña forma trapezoidal.
¡Quen o ía pensar! ¡Se mesmo os valados teñen historia!
Ningún comentario:
Publicar un comentario