4 de abril de 2007

A TORRENOVA

No promontorio rochoso que ocupa o centro da imaxe ubicouse a segunda torre vixía do Farelo Pequeno. Quedan vestixios que así o confirman á parte da toponimia: restos de pedra e tella e unha pequena cova subterránea. Hai unha lenda que fala de que desde a cociña do castelo de Castro de Amarante hai un pasadizo que vén dar a esta torre. Outos din que a saída está no Burato de Nogueirós, tamén no Farelo (falarei del noutra entrada). Como argumento alegan que nunha ocasión meteron unha galiña no burato da cociña do castelo e tapárono. Dous días máis tarde aparceu a galiña no monte Farelo, iso si, algo desplumada.
A foto está tomada desde a Torrevella co emprego do teleobxectivo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario