7 de abril de 2007

VENTÁ CON PARLADOIROS

A aquitectura popular sufriu nos últimos 50 anos todo tipo de agresións, a peor: o abandono.
A fiestra da foto ten o valor engadido dos parladoiros, frecuentes en pazos, castelos e mosteiros. Menos usual en casas modestas, como é o caso desta da foto. Dous asentos pétreos enfrontados para favorecer a conversa e a contemplación do exterior, da paisaxe, dos camiños.
Obtiven esta imaxe nunha casa pequena de Vilariño, hoxe convertida en palleira e nun estado de conservación próximo á ruína.
Entoar un lamento por tanta desfeita semella inútil: é ladrar á lúa.

3 comentarios:

  1. Por desgracia este é o destino de moitas aldeas en Galicia, o abandono. Fai pouco estiven no Courel, e despois de perderme por moitas das súas parroquias, puiden comprobar un tanto do mesmo. Fermosas casiñas de pizarra derruídas, rúas silenciosas e nin tan sequera letreiros sinalando as tan numerosas minas romanas ou os restos arqueolóxicos espallados polos camiños. Sentin pena, pero tampouco podo negar que aquela paisaxe cativoume, Galiza é como unha terra prometida, salvaxe e oculta, agardando a que alguén a descubra, e nós somos os exploradores.

    ResponderEliminar
  2. Unha magoa que se perdan cousas asi.
    Eu fixen unha foto dunha casa en Arbo e non sabia que se chamaban parladoiros esas pedras.
    http://leoeosseus.blogspot.com/2006/10/onte-saiu-kiko-do-gh-de-telecinco.html

    ResponderEliminar
  3. Na casa dos meus pais, no Castelo, hai un parladoiro no cuarto principal.
    Sucasas.

    ResponderEliminar