9 de abril de 2007

VISITA DO BISPO DE LUGO

O amigo Fidel Torreiro Sarandeses envioume desde Madrid esta foto de principios dos anos 60. Visitaba Agolada o sr. bispo de Lugo, D. Antonio Ona de Echave. Foi recibido na praza polo crego de Agolada, D. Luís Rodríguez Vázquez e polo arcipreste D. Manuel Martínez, crego de Ventosa, os mestres e os nenos que asistiamos daquela á escola. Pola época e polo estilo supoño que o fotógrafo era Manuel Galego Iglesias.
Con todas estas imaxes imos reconstruíndo e relembrando ese pasado que xa empeza a quedarnos na distancia. Aí vai pois este obsequio de Fidel .

Ningún comentario:

Publicar un comentario