1 de maio de 2007

BOTELLAS DESACOUGANTES

Por máis voltas que lle dou non acabo de aclararme sobre o que me fai sentir esta foto. Cando a saquei motivoume o aliñamento das botellas e o uso tan insólito coma o que estaba a ver, nun porral servindo de pequenos invernadoiros. Logo tamén pensei: Ata nos porrais está a Coca-Cola, a marca comercial máis coñecida no mundo. (E dígoo co afecto que me merece quen premiou aos meus alumnos nos certames literarios e nos agasallou con varias viaxes).
Pensei tamén na ecoloxía e nos tres R (reciclaxe, redución e reutilización). Cadraba ben coa reutilización. Pero nin con esas. Será práctico, non o discuto, pero a min gustábanme os porrais de antes, sen plásticos, sen botellas, sen trapalladas. O campo estásenos enchendo de plásticos e contaminando espazos agrestes e virxes. Prefiro a reciclaxe a esta convivencia contra natura de botellas e cebolas.

5 comentarios:

  1. Se o uso é temporal e logo se recollen, non está tan mal, non si? :)

    ResponderEliminar
  2. o tema do asunto é que alguén enguliu a saber cántos litros de cocacola, e iso é malísimo para as tripas. ¿probastes a desoxidar un cravo nela?, parece ser que os deixa impecables...así que non quero nin pensar como deixará o corpo por dentro.
    por outra banda, aínda formamos parte dunha cultura de intentar reutilizar as cousas, agora temos nas fincas botellas, metálicos de colchón, ferranchos vellos.... a cousa está en non degradar o medio ambiente con tanto lixo e ter conciencia de que a terra é un préstamo que nos fan os nosos fillos.
    apertas!!!

    ResponderEliminar
  3. POis a min, como instalación artística posmoderna guay del paraguay e case kitch, gústame ben. Somos os galegos uns artistas: estamos ante os cromlechs da nova era.
    Noraboa

    ResponderEliminar
  4. Jeje..esta foto recordoume esta outra de Caladinha tamén recollida polas terras do Deza http://caladinha.blogia.com/2004/052501-pop-art-.php
    Está clariño que as botellas non chegaran a reciclarse, nin tansiquera a integrarse na paisaxe, que aínda seria pior.
    Saúde e longa vida as sobreiras.

    ResponderEliminar
  5. Ola, aínda que somos veciños acabo de descubrir o teu blog, a través do de Riki. Parabéns. Eu tamén teño un de Santiso, sobre a mesma filosofía do que dicía castelao (alareiradesantiso).
    Gústanme moito os teus artigos, e tamén as fotos.
    Agradécense recunchos destes entre tanto movemento cibernético.
    Apertas santisianas.

    ResponderEliminar