26 de maio de 2007

MOZAS DIANTE DA CASA DO CONCELLO

Principios dos anos 60. Un grupo de mozas retrátase diante da que era a Casa do Concello, edificio que se remodelou para albergar na actualidade a Casa da Cultura. A ventá que está detrás do grupo pertencía á Camara Agraria, na actualidade á Biblioteca Municipal. O edificio naquela época alberga na planta baixa a Cámara Agraria, o Xulgado de Paz e Rexistro Civil, a Escola de Párvulos e o calabozo municipal. Na planta alta estaban as dependencias do Concello: oficinas, salón de plenos e despacho do alcalde.
As mozas da foto son: arriba, Lupe da Leonor, Marisa de Benito, Fina da Roxa, Pili de Claudino, Lupe de Víctor; abaixo, Clarita de Víctor, Tilucha de Caldeireiro e Marita de Panadeiro.
Foto do álbum de Lupe Vilariño.

Ningún comentario:

Publicar un comentario