En realidade trátase dunha cavidade alongada e de escasa altura (na zona máis alta non supera un metro) que aparece debaixo dunha enorme cornixa de rocha granítica. É probable que na prehistoria servise para acubillar á xente. É bo lugar para protexerse da chuvia, do vento e das inclemencias.
Na foto superior aparecen a familia de Ángel Utrera e Xosé Vázquez Pintor no exterior do Burato. Na de abaixo aparezo eu no extremo máis interior da coviña. Disto hai máis dun ano. A coviña é outro atractivo máis para sumarlle ao mítico Farelo (o Summiun romano e Sumio medieval).
Ningún comentario:
Publicar un comentario