No lugar de Buxel (Artoño), a escasos metros da estrada que une Agolada con Melide, onde aparta a estrada local cara a Amance están estes tres sartegos antromorfos excavados na rocha nai. Trátase de dous sartegos parellos para dous adultos e nos pés de ambos hai un máis pequeno do tamaño dun neno. Este tipo de enterramentos pertencen á época visigótica.
Arredor destes sartegos consérvase a lenda seguinte: ao parecer polas beiras do sartego discorría no pasado un camiño. Certo día unha familia do lugar pasou cun carro moi cargado sobre as lousas do sartego e estas cederon quedando ao descuberto o sepulcro. Nel había un tesouro que explicaría a posterior riqueza daquela familia.
Moi preto deste lugar na cima dun outeiro que hai entre Amance e Artoño hai unhas rochas que se coñecen co nome de O Altar dos Sacrificios. No mapa arqueolóxico figuran petroglifos nesta zona pero aínda non dei con eles.

Ningún comentario:
Publicar un comentario