1 de xuño de 2007

COUSELOS

Esta planta abunda no concello de Agolada, case sempre colgada nos valados e nas paredes húmidas. O seu nome científico é Umbilicus pendulinus. Nós aquí chamámoslle couselo ou conchelo. De certo que en Galicia aínda recibe máis denominacións. Déixoo para que algún lector nos aporte esa riqueza léxica que posúe o noso idioma.
É unha planta medicinal con propiedades cicatrizantes,antisépticas, diuréticas e emolientes.

Ningún comentario:

Publicar un comentario