Na época dos electrodomésticos é estimulante comprobar que os veciños dunha aldea se unen para restaurar o antigo lavadoiro, unha xoia etnográfica destacable, que aínda se usa ocasionalmente. Só hai que pensar no traballo de quen o ergueron para prestar un servizo público á colectividade para concederlle o valor patrimonial que lle corresponde. Este lavadoiro restaurado está no lugar de Val, na parroquia de As Trabancas.
Houbo outras aldeas que deixaron en completo abandono os lavadoiros ou ben tiraron con eles.
Fermosa estampa.
ResponderEliminarCando estiven no estranxeiro non había nada diso comunal; nin lavadeiros nin tan siquera fontes.
Tiven que saír ó estranxeiro para darlle aprezo ó que temos aquí.