En 1977, hai trinta anos, Ton von Vliet tomou esta instantánea na eira de Clemente de Pedro do Toco. Era a malla e acudían os veciños a axudarse nunha tarefa que se desenrolaba contra o reloxo. A máquina do Pillado cobraba por minutos.
Era un traballo colectivo e duro. Desenrolábase nas horas de máis calor e baixo a poeira que producía a debulla. E o caño pegándose na suor.
Ton von Vliet deixou recollida unha boa parte da recente historia de Agolada. Velaí o valor documental que unha foto adquire con que só resista o paso dos anos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario