5 de xuño de 2007

MINIFUNDISMO BEN DISIMULADO

Velaí un hórreo magnífico, de catro claros. Moi boa factura e moi conservado. Tellado de lousas e pináculos intactos.
Ten apariencia de hórreo de Casa Grande pero a realidade é diferente. Pertence a tres propietarios diferentes, un posúe dous claros e os outros dous cada un seu. Na foto advírtense claramente as tres escaleiras que dan acceso a outras tantas portas.
O hórreo está en Bidueiros e serve de testemuña do grao de minifundismo do noso agro. Tamén nas construcións.
Hai casos peores, aquí alomenos quedou o hórreo enteiro. Na miña casa de Carmoega o hórreo tivo peor fortuna. Meu bisavó tiña un hórreo de cinco claros e nas partillas deixoulle ao vinculeiro (meu avó paterno) os tres claros do oeste e a unha das fillas, os dous claros do leste. Aínda que esta filla pasou a vivir nunha casa que está na mesma aldea, desmontáronse dous claros do hórreo e trasladáronse para outra eira. Un caso evidente de reprodución por mitose.

3 comentarios:

  1. Tamén o meu sogro ten un canastro partillado cunha curmá. Antes facíase muito pero non sei se será legal agora.
    O hórreo da foto é mui fermoso.

    ResponderEliminar
  2. paréceme un exemplo etnográfico magnífico. noraboa

    ResponderEliminar
  3. En Antas hai hórreos máis pequenos que, fruto de partixas, pertencen a dous ou máis propietarios e fóronselle abrindo portas atendendo a esa realidade; máis non atopei ningún que teña os accesos con patíns tan diferenciados.
    É ben curioso, si

    ResponderEliminar