O lugar onde se ubicaba é exactamente o calveiro do monte que se ve na foto de abaixo, ollando cara o Farelo. Este lugar foi obxecto de concentración parcelaria e como resultas diso o cruceiro quedou dentro dunha finca
particular. O novo propietario da chousa trasladou o cruceiro ao saído da súa casa na espera de que a parroquia decida a súa ubicación final.É un cruceiro bastante semellante ao que hai na entrada da aldea de A Costa. Ten a particularidade dunhas pequenas volutas rematando os catro vértices de cada brazo. E ten unha historia fermosa de santuario e encrucillada.
Ningún comentario:
Publicar un comentario