¿Chamarlle feísmo? É moito máis ca feísmo. Claro que queda feo, pero aínda máis. Á parte de antiestético é irracional, innecesario, temerario.
Falo do garaxe que vemos na foto á beira da capeliña de A Regueira en Miño (A Coruña), adosado aos muros da ermida. A capela foi restaurada recentemente e quedou ben gobernada pero o garaxe anexo é un auténtico despropósito. Unha pena que a súa demolición non se incluíse na restauración.
Dixen temerario, reparade que o coche para saír do garaxe ten que saír marcha atrás invadindo o carril da estrada que une Miño e Vilarmaior, e a escasos metros hai unha curva que impide totalmente a visibilidade. ¡Irracional!
¿Que tara cultural nos define aos galegos, que somos capaces de cometer innumerables atropelos urbanísticos e arquitectónicos polos catro costados da nosa xeografía?
Ningún comentario:
Publicar un comentario