Os traballos agrícolas, as escenas campestres, as romarías e os bares eran os motivos favoritos que perseguía Ton von Vliet (fotógrafo holandés) na súa estadía a finais dos 70 en Agolada.
A imaxe de hoxe corresponde ao bar do Pepe Tolo. Nun forte contraluz toman protagonismo o Pepe limpando a barra e os dous clientes en actitude amigable co propietario. Tamén a barra coa parte superior de formica brillante. É o único elemento que permite saber que se trata dun bar.
Na actualidade nin o bar nin dous dos tres protagonistas existen. A foto permítenos revivir ese pasado que se vai esquecendo paseniñamente.
Sorpréndeme a xenialidade do holandés para captar a esencia da estirpe, da terra...
ResponderEliminarEsta foto é boísima.
Pero o pasado non se esquece mentres haxa xentes coma ti!
ResponderEliminarO que esta por afora da barra é de Borraxeiros e estaba casado ca Isaura do Miguel de Ventosa. Chamase Pepe
ResponderEliminar