Os días de praia en Miño tamén deixaron ocos para visitar algúns lugares interesantes. Doroña en Vilarmaior tiña para min un dobre atractivo: o excelente románico da súa igrexa e descubrir qué había de realidade na novela "Cartas de Inverno" de Agustín Fernández Paz, que sitúa nesta aldea unha casa (encantada) de estilo colonial onde ocorren os dramáticos feitos. Non dei coa casa, se é que a hai, nin existe o bar Sttugart.
Ningún comentario:
Publicar un comentario