Pena Maior é un cume que se eleva ata os 669 m. de altitude e o seu perfil é recoñecible desde a lonxanía. Neste pico colocaron un vértice xeodésico porque é un miradoiro de excepción sobre as terras que o rodean. Este punto marca a divisoria das dúas cuncas hidrográficas do municipio: a do Arnego e a do Ulla. Concretamente, o que vemos na imaxe corresponde á cunca do Ulla.
A foto está sacada desde o Castro da Vila, en Buxel (Artoño). A aldea que se ve no medio da foto é San Paio de Bais, unha das parroquias de menor poboación do concello.
Ningún comentario:
Publicar un comentario