este blog cómpre reavivarlles a memoria a cada pouco e poder recuperar escenas daquela vila que bulía de xente e encontraba espazos e momentos para a ledicia.
A festa do San Pedro era día ben sinalado no calendario. Estupendo momento para retratarse xuntos lucindo a roupa nova, case sempre de estrea, e un amplo sorriso debuxado na faciana.
Nilo, Charo, Marisa, Eva, Julio e Pedriño. Grazas, Tucho, por este anaco de Agolada que nos regalaches.
Están tod@s ben guap@s. Os pantalóns acampanados do Nilo facían furor en algún tempo, si señor.
ResponderEliminar(O Pedriño leva unha M. por apelido ou engáñome?)
non me extraña que a xente de Agolada siga este blog dia a dia. Sigoo eu, ao lonxe, con tanto interese que eles, claro, vendose reflectidos terán unha fascinacion enorme, seguramente!
ResponderEliminarImos xogar:
ResponderEliminarEu, que non coñezo de nada esa xente, non sei de cando é a foto, pero polo "uniforme" diría que é da década dos 70.
Acertei?
Se fose un exame, terías un sobresaínte. É do ano 1972 0u 1973. Na foto están un ebanista, unha mestra, dúas funcionarias de ministerios e correos, o responsable de Seguridade de Renfe en Galicia e un garda civil. Mira se lles pasou o tempo por riba!
ResponderEliminar