4 de marzo de 2008

DITOS E COHERENCIA

Iniciei hai xa bastante tempo unha sección dedicada a traducir ao galego frases célebres de distintos autores (políticos, científicos, filósofos, sabios...) e lugares. A autoría de tales frases debería facernos reparar en que a destreza que demostran ao compoñer sentenzas tan fermosas non necesariamente implica que as puxesen en práctica. O eterno dilema entre o que digo e o que fago. Con total seguridade, cada un de nós podería citar a alguén que coñecemos e de quen sabemos que non garda a coherencia entre o seu solemne leriar e os seus feitos.
Consciente desa distancia que media entre a teoría e a práctica, apúntome igualmente ao labor de recoller estas máximas que son suficientemente elocuentes e poden servirnos de orientación neste océano revolto no que vivimos.
Canto mellor é un, tanto máis dificilmente chega a sospeitar da maldade dos demais. (Marco Tulio Cicerón).
As nosas virtudes, habitualmente, non son máis ca vicios disfrazados. (François de Rochefoucauld).
Non é a forza senón a perseverancia dos sentimentos elevados a que fai ás persoas superiores (Friedrich Nietzsche).
É difícil ser forte e bo ao mesmo tempo. E, xeralmente, canto máis forte se é , menos razón se ten. (Enrique Tierno Galván).

6 comentarios:

  1. Quédome ca de Cicerón e a de Rochefoucauld. Agora debería engadir unha cita de Shopenahuer, que releía unha e outra vez cando era máis xoven, pero, aínda facendo esforxos xa non a recordo, sin embargo sei que sería a miña frase de hoxe.

    Un saúdo.

    ResponderEliminar
  2. Si hai unha clase de persoas que amosa unha profunda incoherencia entre o que din e o que fan, esa é a clase política. E nunca mellor dito nestes tempos de eleccións.

    ResponderEliminar
  3. Sempre me gustaron as frases con substancia.

    ResponderEliminar
  4. Gústanme as frases, porque algúns mestre e mestras do meu ex- colexio dicíanme algúnhas delas e eu com onon comprendía quedaba calada. Bicos.

    ResponderEliminar
  5. Gusto moito tamén dese tipo de sentencias que dun xeito, habitualmente cortiño, encerran un grande pensamento ou mensaxe.
    Confucio agasallounos con algunhas moi intensas e, de seguro, que él sí que dicía e facía; ainda que seguramente iso non é o habitual.

    Unha aperta

    ResponderEliminar
  6. É curioso. Eu tamén teño unha microcolección de Frases célebres no meu blogue. Aínda que eu gosto máis das atrabiliarias e rarechas que das graves e con contido. Uma apertinha!

    ResponderEliminar