18 de marzo de 2008

PENDELLOS DE PELÍCULA

A miña pertenza á Asociación Amigos dos Pendellos anímame a traer de vez en cando algunha foto, imaxe ou noticia relacionada con este recinto tan especial. É unha maneira de ter acesa a chama da reivindicación para conquerir a definitiva recuperación destas construcións.
Adiviña Producións, produtora cinematográfica radicada en Perillo (Oleiros), fixouse nos Pendellos de Agolada para rodar unhas escenas do documental "Camiño de Santiago. A orixe". Na foto de arriba presento un fotograma de dito documental, onde podemos ver a Praza da Randulfa animada por figurantes. No centro da praza, con capa negra, aparece o actor que encarna o papel de Aymerich Picaud. O fotograma presenta retoques de ordenador, onde se suprimiron os edificios actuais que desmerecen a arquitectura do conxunto e idealizouse o fondo cunha paisaxe frondosa envolta na brétema.
Á vista do fotograma retocado evidénciase a desfeita urbanística irreparable que se percibe na foto que aparece baixo este texto. Na tarefa da restauración non podemos perder de vista este referente: manter a pureza primixenia da pedra e maquillar as patoloxías arquitectónicas que sexan suceptibles diso.

3 comentarios:

  1. vaia cambio dunha foto a outra!, mismo parece que un retrocedeu no tempo de verdade!
    Tí ánimo, e segue a reivindicar, que é por xente con esas boas teimas por as que se consiguen cousas.

    ResponderEliminar
  2. Eu lembro cando puxeron o make-off do documental que falaron desa escea. Iso si, non lembraba que fose en Agolada.
    Un saudo.

    ResponderEliminar
  3. Pois ti segue ahí reivindicando, sempre ten que haber alguén que loite senon a desfeita acababa con todo.
    A desfeita urbanística, é triste dicilo, pero xa forma parte de calquera pisaxe de Galicia.
    Apertas.

    ResponderEliminar