16 de abril de 2008

BOAS NOVAS PARA AGOLADA

Recollo da prensa de hoxe a seguinte nova. Certamente boa para Agolada e para a Asociación Amigos dos Pendellos. Despois de catro anos de diálogo, traballo, ilusión, obstáculos, paciencia... parece que se aveciña o tempo de recoller os froitos.
Estamos pois no final do principio. Cando se vexan as obras comezará outra etapa: a de revitalizar o antigo mercado e a de definir atinadamente os novos usos que se lle dean aos diferentes edificios. Tamén será a hora do coidado, da limpeza, da vixilancia, de desterrar o escepticismo e de fomentar o orgullo e a dignidade dun espazo que herdamos en apoxeo e non fomos quen de preservar na súa integridade.
Concello, asociacións, a veciñanza no seu conxunto deben apostar polos valores culturais, turísticos, económicos e sociais que este lugar lle pode dar á nosa vila.
(Sigo aqueixado por un pinzamento de vértebras que me impide estar convosco como adoitaba. Espero que saibades desculparme).

13 comentarios:

  1. A ver se melloras do pinzamento.Anque este tempo non axude.

    ResponderEliminar
  2. noraboa, honra para os pendellos. vostede non padecerá do mal do aire?

    ResponderEliminar
  3. Alégrome, como dis o traballo vai dando os seus froitos, e neso a Asociación de Amigos dos Pendellos supoño que ten moito que ver.
    Parabens, e vostede que se mellore.

    ResponderEliminar
  4. Noraboa, e cuida esas vertebras, que se non non chegas a vello, je je. ¿como podo poñer a foto da xuntanza no meu blog? e que son moi burro e...

    ResponderEliminar
  5. Mal do aire, non. Sería unha mala sombra, seguro que eses díasde calor estiveches debaixo dunha nogueira ou dunha figueira. Ánimo, que iso non é nada.

    ResponderEliminar
  6. Bueno parece que por fin a cousa se vai poñer en marcha. Ainda que sea A Golada o termo que leva o mérito, o ben e para todos sempre que se preserva a historia e a cultura.
    por outra parte, meus desexos de que te mellores da espalda, home, xa sabes caloriño humano que é bo pa todo ;-)

    ResponderEliminar
  7. Na liña do remedio que che da Zeltia, matiza un bo amigo meu que non hai como calor de pecho ajeno.

    (Congratúlome pola noticia sobre Os Pendellos).

    ResponderEliminar
  8. hola, estiven uns dias desconectada polo tiña fastidiado o ordenador pero xa está arranxado. Uf non creo que poida ir a xuntanza pero mirarei que se pode facer, XA CHE DIREI.

    ResponderEliminar
  9. Pois felicidades, e haber se te curas de ese pinzamento. Se queres axuda, non tes nada mais que pedirma. Bicos e a mellorarse.

    ResponderEliminar
  10. Só che faltou dicir que tiñas dúas novas, unha boa e outra mala :-)
    Alégrome moitísimo que as palabras se fagan realidade en col dos pendellos e os meus desexos que te recuperes axiña.
    Unha aperta das de verdade.

    ResponderEliminar
  11. Menos mal que de cando en cando aparecen noticias que axudan a ser optimista, aínda que como non se den présa, pronto non van ter nada que rehabilitar. Unha aperta. Mellorate pronto.

    ResponderEliminar
  12. Menos mal que de cando en cando aparecen noticias que axudan a ser optimista, aínda que como non se den présa, pronto non van ter nada que rehabilitar. Unha aperta. Mellorate pronto.

    ResponderEliminar