O pan faise con fariña,
con pedras érguense valados,
as praias fórmanse con area,
un relato, con palabras e paciencia;
a paz edifícase con vontade,
mais ¿que vimbios cómpren
para tecer o cesto do orgullo dun pobo?
(Na imaxe superior, de Ton von Vliet, aparece a panadería do Prudencio en 1979. Pacita Vidal amasa na artesa mentres Manolo de Venancio enforna no forno novo).
Hola Manuel,
ResponderEliminarEs la primera vez que pongo un comentario. Desculpe por mi Español. Soy muy alegre que usas mis fotos en tu blog. Porque así no he sacidolos sin razón. Ademas ahora puedo leer más information como los nombres de gentes al foto. Me gusta mucho. Tengo que admitir intiendo el texto y los comentarios solo mas o menos porque es en Gallego. Es igual. Ese foto de panaderiá he sacido en 1980. Veo que hace reproduciónes de fotos, pero creo que Alfonso tiene todas bien en cd. Si non, dime de modo que puedo mandartelos.
Apertas,
Ton van Vliet.
Supoño que a dignidade, a seguridade, a loita, as creenzas, a colaboración, a esperanza, ... ... todos eses bos sentimentos que moven o mundo.
ResponderEliminarA min o pan d´Agolada teño que recoñecer que non me gusta moito, prefiro o industrial, aínda que hai moita xente á que semella lle encanta. Xa vin que che comentou Tom, vai mellorando co galego, haber se viñese por aquí outra vez. Se queres, dille que se pase por d´Agolada haber que opina. Unha aperta
ResponderEliminarA foto gústame pero o texto é especial desta vez. É teu ?.
ResponderEliminarCurioso o feito de que comente o propio fotógrafo Ton van Vliet ao que admiro por eses retratos tan sentidos.
Pedro, grazas polas loanzas. Si, o texto é meu. A idea xurdiume despois dunha conversa cun amigo. Falamos da falta de amor propio que observamos nesta vila que habitamos.
ResponderEliminarUnha aperta.
Sintoo MAnolo, pero penso que o primeiro que se precisa para ter "orgullo de pobo", -e ser e sentirse pobo como tal-.
ResponderEliminarConcepto inmaterial, irreal,e moi valioso, pero cada vez mais usado, manido e manoseado, polos politicos "histrionicos, pais da patria, salvadores non buscados, nin chamados por nos, " que se erixen sobre o silencio humilde deste mesmo pobo que veñen a salvar, para pisotear, humillar e o cabo, facerllos ainda mais calados, e sen orgullo nin valor.
Os do amor pola súa cultura
ResponderEliminar