A sinalización consiste en oito pivotes de madeira que levan unha cinta metálica coa identificación do monumento, rodeando o túmulo.
E un cartelón de dobre cara no que se indican as características do xacemento: datación, ubicación, fotografías do dolmen, pinturas, etc.
Neste mes de agosto cúmprense catro anos desde que a Asociación Amigos dos Pendellos emprendemos con ilusión a tarefa de rescatar do abandono este destacado xacemento arqueolóxico. Aplicámonos na súa divulgación e procuramos a súa catalogación. As posteriores medidas de ocultación das pinturas non foron do noso agrado pero asumímolas como medida preventiva. Aínda mantemos a esperanza de que nun futuro haxa medios económicos para escavala e musealizala convenientemente.
Agradecemos moito a declaración de Ben de Interese Cultural e a actual sinalización. Veñen a refrendar a importancia do xacemento e poden servir de argumentos para concienciar á xente da necesidade de respectar todos os restos arqueolóxicos e valorar e interesarse polo inxente e descoñecido patrimonio arqueolóxico que alberga o concello de Agolada.
Parabéns, Manolo, que quero facer extensivo a tódolos membros da asociación, pola vosa labor de recuperación do noso patrimonio.
ResponderEliminarAs veces as cousas levan o seu tempo, pero ao final consíguense aínda que non todo sexa como nos gustaría.
Adiante e ánimo.
Unha aperta.
Xosé Ramón Blanco
Un marabilloso traballo é o que realizades dende a vosa asociación.
ResponderEliminarOgallá chegue pronto o momento que se recoñeza o valor real dos vosos esforzos.
Non vou a entrar en mais polemicas, nin historias, porque xa deixei claro fai mais dun ano a miña postura.
ResponderEliminarNon vou gañar esta pelexa naturalmente, xa o sei....SIntoo MAnolo pero a min pareceme unha aberraciòn todo o que fixeron estes señores.
DEnde o principio, e digoche mais, se o chego a saber, non levo a ninguen a vela....a lo menos, eu desfrotaba con ela, amosando a mamoa aos meus amigos, e coñecidos, limpando por ela dos toxos e xestas, cos rapaces, e paseando nas saidas que faciamos cas bicis....
¿Agora que....? Si xa sei que esta ahi baixo a terra..?Pero serve de algo..?
E como si as meninas de Velazquez, foran retiradas do museo do prado, para sempre, co fin de conservarla...¿Para que e para quen....?
E o que mais rabia me da, é que eu contribuin a esto de agora indirectamente....
noraboa pola ilusión que amosades por conservar e coidar a herdanza. iso é o que importa, aínda que o consenso entre as persoas sexa difícil.
ResponderEliminar